O mundo TIC, está indo rápido, cada vez máis rápido, o que fai que cada vez nos teñamos que actualizar máis e máis rápido. Se antes nos actualizábamos nos contidos das nosas materias, agora tamén é necesario actualizar o soporte no que trasmitimos os contidos, é dicir, actualizar os contidos e o continente, o que nos implica ter que dedicar cada vez máis tempo as actualizacións.
O que si acepto é que non podemos seguir utilizando só ferramentas do século pasado, pero non sabemos onde está o límite, os cambios van máis rápido do que o noso ritmo somos capaces de levar.
Destas ferramentas temos que intentar o máximo partido posible...e implican cambiar a nosa metodoloxía, todo sexa por usar novas técnicas e novos soportes, para usar co noso alumnado que vive neste século, e que probablemente poidan quitarlle cada vez máis partido as ferramentas usadas por eles.
Son xeracións PC,...naceron nesta era e cada vez máis precisan das dúas siglas, P de aPto e C de aCto, e por iso ampliando os nosos coñecementos tic, conseguiremos formar mellores traballadores.
E son ferramentas que usamos no mundo laboral, son usadas cada vez máis a nivel persoal...por iso o blog penso que é algo o que se lle pode quitar un montón de partido.
Para mín un blog ten que ter unha boa distribución, e que se visualice fácilmente esa distribución, que sexa fácil de usalo.
Un blog que creo reune estas características é o http://oblogdoanpa.blogspot.com.es/
Todo lóxicamente é cuestionable...
No hay comentarios:
Publicar un comentario