Despois da sesión do día 8 de abril, os compromisos de traballo individuais son os seguintes:
1) Aceptar a invitación á comunidade que envio a asesora.
2) Decidir a estrutura do blogue e poñela en marcha
PLANTILLA
- Buscar a plantilla que máis vos guste para o voso blogue
- Establecer os número de columnas e o ancho das mesmas para a plantilla
DESEÑO
- Decidir o deseño do blogue:
- Onde poñer o menú de presentación do blogue (Quen somos, Contacto,...)
- Decidir que información queredes presentar nas columnas laterais (nube de etiquetas, etiquetas listadas, imaxes con enlaces, blogues de interese, insertar unha lista de reproducción de vídeo, insertar un hastag de Twitter, contador de visitas, ....)
- Si queremos unha imaxe para o encabezado do noso blogue, escoller a imaxe e poñela.
- Crear no blogue as páxinas ou gadgets necesarios para presentar a información:
- Crear PÁXINAS: coa información estática que imos mostrar, (Quen somos, Contacto, ...)
- Crear o Gadget (PÁGINAS) e situalo como menú ou nalgunha columna lateral
- Crear menús de ETIQUETAS, co GADGET Etiquetas e presentalas no lateral da páxina ou na parte superior.
- Crear os GADGETS (Página, Imagen, Etiquetas, HTML/Javascript) que necesitemos para presentar a información que queiramos no menú e nas columnas
3) Escribir as dúbidas do blogue á comunidade, para que podamos resolvelas entre todos.
Foto extraída de: http://www.clarika.com.ar/images/general/diseno2.jpg